Entrevista en directo de Iván Prado e Iris Serrano o venres 8 en Instagram
#ArteEnRebeldía converteu a nosa web e as nosas redes sociais nun museo virtual cheo de pezas de LEO SERRANO e textos de IVÁN PRADO. As pezas desta exposición solidaria, que durará ata o 9 de maio, poden comprarse a través do noso mail pedidos@pallasosenrebeldia.org e o 50 % dos beneficios irá destinado a seguir facendo posible Pallas@s en Rebeldía.
Directo de Instagram o venres 8 ás 20 h con Iris Serrano e Iván Prado
Iván Prado e a ilustradora Iris Serrano farán un directo este venres día 8 ás 20 h nas súas contas de Instagram para falar da exposición e venda solidaria e dos seus proxectos. Iris entrevistará a Iván, e Iván a Iris, nunha charla por streaming que poderedes seguir en @ivanpradopayaso e @iris_serrano_ ilustracion . Non volo perdades!
Ademais, o sábado día 9 durante todo o día organizaremos unha poxa no noso muro de Facebook de catro pezas moi especiais. Todo o recadado con en esa poxa irá destinado a catro proxectos sociais: Stop Mare Mortum, PAH Valencia, Rebel Circus School de Palestina e o Festival Internacional dos Campamentos de refuxiados saharauís (FITYC).
Se queredes coñecer máis detalles sobre #ArteEnRebeldía podedes consultar o noso catálogo:
http://pallasosenrebeldia.org/wp- content/ uploads/2020/04/catalogo_ ArteEnRebeldia.pdf